Zona Límites

Acción multidisciplinar site-specific
Creación: Límites
Performers: Andrea Jano, Chucho González, Diego M. Buceta, María Roja, Míriam Rodríguez, Olsen Manuel Lima, Silvia Penas, Velpister, Xabier Xardón
100 minutos aprox.
2020

Zona Límites é unha proposta que mestura performance, danza, música, poesía, videocreación e artes plásticas, artellada arredor da presenza protagónica do espazo, pola súa situación xeográfica e a inmersión en núcleos poboacionais concretos. Os lugares escollidos cumpren os requisitos de ser periféricos e preferentemente rurais, ter un uso habitual distinto do que sería propiamente destinado a un espectáculo e resultar atractivos e apropiados para manter as medidas de seguridade no que se refire a saúde pública. Así pois, Zona Límites é unha acción que se redefine formalmente segundo o contexto específico no que se desenvolve.

Zona Límites estreouse no Castelo de Sobroso (Vilasobroso, Mondariz) dentro do programa ReAcción Cultural da Deputación de Pontevedra.