Presentación de Dramatículas

Actividades da 29 Edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

O xoves 5 de xullo ás 20,00 h. na Capela do Hospital de Cangas, dentro da 29 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, Afonso Becerra de Becerreá presenta as súas Dramatículas.
Poderanse ver tamén dous microespectáculos creados a partir delas: un da actriz e performer María Roja coa colaboración de Berio Molina no espazo sonoro, e outro da actriz Paula Pier, con dirección e dramaturxia de Diana Mera.

+info:
http://www.mostrateatrocangas.org/