Yo solo quiero irme a Francia

María Roja incorpórase ao elenco da exitosa montaxe teatral protagonizada por María Galiana

Inés asiste ao velorio de Pilar, quen decide deixarlle a súa casa en herdanza sen tela coñecida nunca e sen avisar á súa neta.
Xuntas descubrirán un pasado que descoñecían, abrindo vellas feridas familiares que se remontan á infancia de Pilar durante os últimos meses da Guerra Civil e á súa mocidade.
Sobre as táboas veremos a catro mulleres de diferentes xeracións que buscan ese lugar que tanto anhelan e imaxinan que algúns chaman liberdade.
Canto pesan as herdanzas emocionais, esas que ninguén reclama, pero que fan sufrir a xeracións?

Este é o debut como directora de Elisabeth Larena, autora tamén do texto, á que, durante a súa escritura, acompañaron as súas memorias, que non foron vividas por ela, senón pola súa avoa.
O espectáculo está protagonizado por María Galiana, grandísima actriz de cine e de teatro, gañadora dos máis importantes premios como o Goya ou Mérito a las Bellas Artes do Ministerio de Cultura. Xunto a ela, subiranse ás táboas Nieves de Medina, Anna Mayo e a galega María Roja.
Esta peza é a última aventura dunha das produtoras galegas máis sólidas, Contraproducións.

+Info e datas:
Yo solo quiero irme a Francia