HUGO no ZigZag

Entrevista a María Roja e Gustavo del Río na TVG

Son moitas as propostas ás que nos pode conducir unha representación teatral: á crítica, á reflexión, ao humor e tamén á idea de visibilizar e normalizar realidades que, en moitos casos, permanecen nuns ámbitos exclusivamente privados.
Todo isto vén a conto da nova produción da compañía Os Náufragos Teatro que expón con naturalidade e respecto o TEA, Trastorno do espectro autista. É unha peza que convida á reflexión e da que falamos co director da obra e con unha das actrices da mesma.

+info:
https://www.g24.gal/-/-naufragos-teatro-