INTERACCIÓNS. Espazo, corpo e obxecto

Este venres 17, a partir das 19h, a Fundación Laxeiro inaugura a terceira achega do ciclo «Un berro por Belas Artes», unha colaboración coa Universidade de Vigo, no que participa alumnado, graduadxs e profesorado da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Esta terceira edición é un proxecto comisariado por Basilisa Fiestras, quen seleccionou obras de Manuel Balsas, Román Corbato & Miguel Benjumea, Suso Fandiño, Isis Huerga e María Roja, para propoñer un achegamento á escultura contemporánea como unha disciplina aberta que posibilita diversas formas de relación, tanto no proceso creativo, como no proceso de observación.
Durante a inauguración, a artista María Roja, en colaboración con Carla Rodríguez, levará a cabo unha performance titulada «Pequeno asterismo para epiderme boreal», cuxo rexistro videográfico pasará a formar parte da exposición.

+info:
Fundación Laxeiro