Obradoiro de Poesía Expandida en A Morada
Impartido por Silvia Penas e María Roja
Este obradoiro propón unha reflexión desde a práctica sobre os procesos de creación poética e a súa extensión máis alá da palabra, chegando a outros ámbitos como a arte de acción, a videoarte, o poema visual, etc.. Tomando como base a experiencia das docentes en modos de traballo colaborativos, tanto no deseño como no desenvolvemento do seu labor artístico, apuntarase cara ao exercicio da performance partindo da escrita e desde o interese en elaborar colectivamente unha receita para poéticas disidentes.
Recitar, cantar, camiñar, renomear o espazo, habitar a imaxe poética e as súas posibilidades de expansión.
23 e 24 de xaneiro
A Morada, Vigo
+ info:
A MORADA Obradoiros

