Xornada da arte da acción

Contra as mulleres dos cadros de Delvaux

«Despois vai reparando lentamente en que non hai xeito humano de ollar sen que ninguén te olle. Ao día seguinte soña que come pedras e que non son malas de tragar. Que camiña de noite, serena e espida, como as mulleres dos cadros de Delvaux. (…) Somos animais da anticipación, animais da ruptura, da discontinuidade temporal. Capaces de querer calquera cousa que queiramos con toda a intensidade posible en cada instante».

O SANGUE. María do Cebreiro en O DESERTO, 2015.

Dentro da exposición Magical Girls. Novas narrativas da muller vernácula propoñemos unha sesión que insira un tipo de traballo artístico, a performance, que quedou fóra da exhibición obxectual. A Xornada de Arte de Acción e Muller nace co propósito de dar cabida a traballos performáticos creados por mulleres novas da área de Vigo que funcione como un estado da cuestión, como termómetro que mida a temperatura desta disciplina artística neste momento histórico.

Contra as mulleres dos cadros de Delvaux toma o seu nome dun poema, «O sangue», da poeta galega María do Cebreiro que recentemente publicou o seu último libro de poesía titulado “Ou deserto”. O poema fala do sangue, os desexos e os soños dunha muller abstracta en relación á memoria do seu amante. As mulleres que pinta Delvaux son mulleres ideais, sen sentimentos, sexualizadas, ensimesmadas, etéreas, unhas mulleres tamén máxicas, pero entendidas como suxeito pasivo do enunciado: non son meigas, senón enfeitizadas.

A xornada comezará a las 18 hrs. cunha mesa redonda onde se debaterá de modo aberto e libre sobre a pertinencia e necesidade da performance feminina, tópicos, lugares comúns, connotacións políticas, discurso pro-anti-feminista etc. Moderado por María Marco Covelo, comisaria da exposición.

+info:
http://cargocollective.com/magicalgirls/MAGICAL-GIRLS-novas-narrativas-da-muller-vernacula https://www.facebook.com/events/117501798706789/?ti=cl