Escenas do cambio 2021

María Roja programada no proxecto "Escenas en danza"

martes, 29 de decembro de 2020

ESCENAS EN DANZA

Domingo 21 de febreiro, 18.30h
Cidade da Cultura. Itinerante en varios espazos
Duración: 60’
Estrea absoluta. Peza creada ex profeso para o festival por Begoña Cuquejo (CASTRO), Nuria Sotelo (ENTRE), Kirenia Martínez (+ DURA), María Roja (RASTREXO EN 570 PASOS, en colaboración con Alba Blanco), Clara Ferrão (MIÑAXOIA) e Paula Quintas (MULTIPERSPECTIVAS).

Galicia conta con multitude de creadoras en continuo crecemento tanto persoal como profesional. Estas seis coreógrafas e bailarinas son un boa mostra. Todas traballan o
discurso dos seus proxectos a través do movemento usando o seu corpo como o lugar da creación. Desde o concepto do feminino os seus traballos destilan feminismo como materia conceptual e a súa estratexia non é outra que a procura constante do que a danza lles suxire para levala ao lugar que lle corresponde nas artes escénicas. O programa Escenas en danza foi creado para reunir a distintas artistas galegas que, de maneira individual, pero coa idea de colectivo, traballen o espazo como unha paisaxe
onde de maneira transitoria e transitable, o público poida gozar dun percorrido de danza polas entrañas da Cidade da Cultura. Elas non bailan soas e son o claro exemplo de que a danza en Galicia é e será referente do esforzo das mulleres que bailan e non se renden e que manteñen a calidade e a tenrura por riba da in-visibilidade.

Escenas do cambio 2021

+info:
https://escenasdocambio.org/