«Ante o avesío», no palmarés do GFFF e do CURTAS
«Ante o avesío» continúa a súa exitosa viaxe polos festivais
«Ante o avesío», curtametraxe dirixida por Xaime Miranda e producida por Artyc, vén de recibir o Premio á Mellor Curtametraxe Galega no CURTAS Festival do Imaxinario (Vilagarcía de Arousa), pouco despois de recoller a Mención Especial do Xurado do Premio «Ben Dito», na categoría de mellor guión, na décima edición do Galician Freaky Film Festival de Vigo.
A peza audiovisual, que conta no elenco con María Roja, acada este premio logo do seu paso polas seguintes citas: Festival internacional de cine Rhyller Triller do Reino Unido, XVI Festival de Cinema Fantàstic i de Terror de Girona ACOCOLLONA’T, Fangofest Festival Internacional de cine fantástico, terror, animación y gore de Amposta, Corrosivo Film Fest en San José (Costa Rica), XXIII Festival de Cans, 48º Semana de Cine de Autor de Lugo, II Lóstrego: Festival de Cinema Fantástico de A Coruña.
+info:
Ante o avesío

