Ares Innova 2021

O Festival de Innovación Social programa unha peza de María Roja

Festival de Innovación Social: Ares Innova 2021
1, 2 e 9 de outubro de 2021
Concello de Ares (A Coruña)

A Axencia Galega de Innovación (Gain) organiza os días 1, 2 e 9 de outubro o Festival de Innovación Social: Ares Innova 2021. Este evento aberto á cidadanía terá lugar no marco da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia e do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA.
As localidades de Montefaro, Redes e Ares serán o escenario deste gran festival, que busca achegar a cultura da innovación social a públicos de todas as idades.
As actividades do evento combinan deseño, arte, cultura e innovación nun ambiente distendido. Nel priorizarase a reflexión compartida para avanzar, mediante novos enfoques, no desenvolvemento sostible baseado na especialización intelixente.

Dentro da programación, o sábado 9 de outubro, na Praza da Constitución de Ares, terá lugar a instalación performativa Meminiss-e da artista María Roja.

Programa completo do evento:
http://gain.xunta.gal/repo/2-Programa_Ares_GAL.pdf