Cultura a todas Luzes
CTL80. Especiais MIT: María Roja, La Volátil (con actrices de Ribadavia)
A actriz galega María Roja encarna a Jérôme Bel nesta última edición da MIT, esvaecendo as fronteiras entre arte e interpretación, entre performance e arquivo. Combinando documentación audiovisual de danza, monólogo e recreación en directo, esta proposta inesperada é ao mesmo tempo un percorrido por unha obra xa histórica e un constante exercicio de reinvención.
Ribadavia 26 é o resultado escénico do traballo da Volátil no marco da MIT e Ribadavia durante 2 anos. O proxecto Pan, nubes e chocolate, laboratorio desenvolvido na MIT 2025, foi a primeira parte do traballo, na que se estableceron vínculos comunitarios e se recolleron as historias. Agora, a MIT 2026 acolle a segunda parte para levar a cabo a escenificación das historias que se recolleron e unha devolución desa memoria colectiva.
Escoitar podcast en liña:
CULTURA A TODAS LUZES. Especiais MIT: María Roja e La Volátil

