Estrea de Crónica do rei pasmado

María Roja participa na nova montaxe de Contraproducións

Nun Madrid barroco de intrigas, sotanas e segredos, un xove monarca queda atónito ante o misterio do corpo feminino. O seu desexo de ver espida á raíña desata un terremoto na corte, onde bispos, validos e criados se enfrontan entre o pecado e o pracer, entre a razón e a fe. Con humor mordaz e unha ironía brillante, esta versión teatral revive a sátira máis brillante de Torrente Ballester: unha comedia sobre o poder, a hipocrisía a e a liberdade dos sentidos. Un simple capricho real pode poñer en xaque a todo un imperio. Historia, erotismo e crítica social fúndense nunha posta en escena tan divertida como provocadora.

Crónica do rei pasmado é o novo espectáculo de Contraproducións, adaptado e dirixido por Cándido Pazó a partir da novela de Gonzalo Torrente Ballester. Conta no reparto con María Roja, Anxo Outomuro, Cristina Andrade, Nacho Castaño, Antonio Mourelos, Machi Salgado e Toni Sagado. A escenografía corre a cargo de Pablo Giráldez «Pastor», a iluminación é de Afonso Castro, a música asínaa Manuel Riveiro e o vestiario é unha creación de Alfonso Pérez coa colaboración en postizaría de Estrella Poza. A produción executiva é de Belén Pichel e Sergi Calleja acompaña na distribución.

+info:
Contraproducións