Sweet Apocalipse

Acción multidisciplinar site-specific
Creación: Límites
Performers: Chus Nimo, Diego M. Buceta, Leandro Deltell, María Roja, Olsen Manuel Lima, Silvia Penas, Velpister, Xabier Xardón
80 minutos aprox.
2020

En Sweet Apocalipse, bailarinas, músicos, performers, poetas e artistas plásticas urden unha acción arredor da corporeidade, por veces fragmentada e atravesada, na que se persegue activar os corpos nas súas diferentes vertentes, multiplicar as súas capacidades: o corpo cotián, o corpo expresivo, o corpo que acciona. Corpos que se expanden e invaden o espazo, canalizados a través de diferentes disciplinas que conviven e se mesturan entre si.
Sweet Apocalipse xira arredor do concepto da apocalipse, da apocalipse doce que moitas de nós puidemos vivir no aconchego das nosas casas fronte a outras experiencias menos afortunadas, e o papel que xogan os corpos nese espazo e circunstancia excepcional, unha apocalipse na que o corpo cambia de significado: pasa de ser obxecto de desexo a ser un corpo que contaxia, marcado pola distancia, a ausencia de tacto e a profilaxe, a desinfección.

Sweet Apocalipse estreouse no Parque de Bonaval (Santiago de Compostela) dentro do programa do Apóstolo 2020.

Fotografía: Míriam Rodríguez