BINGO! Acto Efémero Sen Pretensións (AESP) #6
Acción
Creación e performers: Carlos Tejo + María Roja + Alba Blanco + Irene Esperón
Duración variable
2015
BINGO! Acto Efémero Sen Pretensións (AESP) # 6 é unha peza realizada ex profeso para a “XXX Reunión Nacional AEP: Psicodrama e conciencia”, celebrada no Hotel Galicia Palace da cidade de Pontevedra.
Cando o XXX Congreso de Psicodrama nos convidou a facer unha performance, a traxedia das decenas de persoas que perden a vida no mar debido á emigración forzosa era una noticia constantemente repetida. A partir desta realidade, a nosa actuación busca reflexionar sobre a influencia fortuíta pero crucial do lugar de nacemento e do entorno no que se crece. Abrazando a noción do azaroso, decidimos empregar o mesmo concepto que caracteriza o xogo do Bingo tradicional, cunha volta de fío: converter o premio en castigo. Así, en lugar de recibir unha cantidade de diñeiro, a primeira persoa do público que cantase Bingo sufriría un breve pero intenso afogamento nun barreño de auga fría. Desta forma, só durante uns instantes, esa persoa podería experimentar a falta de oxíxeno nun medio acuático. Como colofón, evocando a nota surrealista da película O discreto encanto da burguesía, amontoamos cadeiras na porta de saída. Desta maneira, unha vez concluída a performance, abandonar o espazo no resultaría tan sinxelo, creando unha experiencia que remite ás dificultades de moitas persoas para escapar das súas circunstancias.
Carlos Tejo
Fotografías: Ángel Sousa