Seis accións para unha tarde de domingo

Acción con Blanco&Roja (maría roja + alba blanco)
3 horas divididas en 6 intervalos de media hora
2015

Seis accións para unha tarde de domingo é unha peza realizada ex profeso para o festival “Artistas na rúa”, celebrado na Praza da Ferrería (Pontevedra). A proposta parte dos corpos e voces das propias performers e pretende atender aos condicionantes externos do momento para establecer un diálogo co contexto e co público que influe directamente no proceso creativo da obra: un corpus de seis accións baseadas na improvisación e concibidas in situ, que altera o espazo urbano e o tránsito dos seus e das súas poboadoras ocasionais converténdoo nun lugar de creación colectiva.

Fotografías: Ángel Sousa

Acción número 1

Acción número 2

Acción número 3

Acción número 4

Acción número 5

Acción número 6