8:88 (dureé)

Tinta, acrílico e po sobre lenzo circular de 50 cm. de diámetro, vaso de cristal, auga e panela.
2014

8:88 (dureé) é unha peza concibida como unha acción cuxo resultado final é unha instalación formada por unha imaxe bidimensional e un vaso de auga con azucre. En quendas de 8 horas, en intencionada coincidencia coas estipuladas como normativas para una xornada laboral, escríbese repetidamente sobre o lenzo o exemplo do azucre disolvéndose na auga co que Henri Bergson ilustraba o seu concepto da dureé, seguido da anotación da hora que marque o reloxo nese instante. O conxunto caligráfico vai xerando, á vez, o debuxo da postura da autora no propio acto a realizar, como parte dun proceso que acaba por ser un exercicio de pensar o tempo desde o corpo.