Cóctel de parqueadero

Acción
Son: Berio Molina
40’ aprox.
2014

“Cóctel de parqueadero” é unha peza realizada ex profeso para o ciclo 25 años AECID, celebrado no CFCE de Cartagena de Indias (Colombia).
O título alude ao cóctel de horizontes que, segundo o poeta Manuel Antonio, compón un vaso cheo de toda a auga do mar. A problemática da emigración entendida desde o corpo, ligada aos conceptos de memoria e temporalidade, constitue, en última instancia, o eixe central da peza.