Pó é pó é pó #Extramuros

Acción
Creación: Ohn
Performer: María Roja
Son en directo: Berio Molina
40’ aprox.
2013

Pó é pó é pó nútrese do silencio, e dos sons que habitan e conforman dito silencio. 30 minutos nos que nada acontece, salvo as interrupcións dunha pel en fricción, respiracións, xemidos e berros que constitúen a coreografía dun corpo nunha situación de permanencia real, ocupándose en encher un espazo e un tempo fronte ao parón da inercia do movemento na actividade cotiá. Os estados improdutivos, de paso diario, fanse merecedores de atención, nunha redescuberta dos mesmos.
Pó é pó é pó é unha peza que afonda na relación entre o movemento físico e a vibración que este produce. De tal xeito, configúrase un espazo acústico no que os seus obxectos sonoros mudan e se desprazan tridimensionalmente para converterse nunha extensión da propia partitura corporal que os xera.

Rexistro videográfico: Roi Fernández