Pó é pó é pó

Acción con Ohn (maría roja + berio molina)
40’ aprox.
2012

“Pó é pó é pó” nútrese do silencio, e dos sons que habitan e conforman dito silencio. 30 minutos nos que nada acontece, salvo as interrupcións dunha pel en fricción, respiracións, xemidos e berros que constitúen a coreografía dun corpo nunha situación de permanencia real, ocupándose en encher un espazo e un tempo fronte ao parón da inercia do movemento na actividade cotiá. Os estados improdutivos, de paso diario, fanse merecedores de atención, nunha redescuberta dos mesmos. “Pó é pó é pó” é unha peza que afonda na relación entre o movemento físico e a vibración que este produce. De tal xeito, configúrase un espazo acústico no que os seus obxectos sonoros mudan e se desprazan tridimensionalmente para converterse nunha extensión da propia partitura corporal que os xera.

Fotografías: Miguel Vidal

IX Xornadas de Arte de Acción Chámalle X. Sala X da Facultade de BBAA, Pontevedra

Inauguración Extramuros. EXTRAMUROS Espazo de colisións artísticas, A Coruña