Inauguración “O mar tamén é noso”

A Casa das Artes de Vigo inaugura o a exposición O mar tamén é noso, da artista Alicia Framis, comisariada por Paula Cabaleiro. A mostra reúne obras da creadora xunto a imaxes do Arquivo Pacheco e conta coa participación de mulleres de Vigo e da súa contorna, ademais das poetas Chus Pato, Yolanda Castaño e Silvia Penas (en colaboración con María Roja e Branca Trigo), así como do coro feminino Concepción Arenal da Fundación Coral Casablanca.

Casa das Artes, Vigo
28 maio, 18:00h.

+info:
A Casa das Artes acolle “O mar tamén é noso” de Alicia Framis