María Roja, candidata aos V Premios Mulleres no Foco
A Deputación de Pontevedra entregará os Premios Mulleres no Foco nunha gran gala que acollerá a sede de Afundación en Pontevedra o venres 17 de outubro, será conducida por Lucía Veiga e contará coa actuación musical de Guadi Galego, acompañada por Margarida Mariño. “Queremos –asegurou o presidente Luis López-, con iniciativas como esta, poñer en valor que hai moito talento feminino e moitas mulleres que brillan no audiovisual, así como amosar, unha vez máis, que este é un goberno comprometido coa igualdade”.
López desvelou a lista de finalistas que optan a estes premios postos en marcha pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA) para poñer en valor o traballo das mulleres do audiovisual galego. Trátanse de Beatriz Legerén, Inés Colmero, Irene Basanta, Uxía Caride, Andrea Vázquez, Silvia Fuentes, Mabel Rivera, Lucía Estévez, Lucía Veiga, Diana Gonçalvez, Alicia Frances, María Roja, Carmen Méndez, Anxos Fazáns, Ángeles Huerta, Sabela Iglesias e Mayka Braña, que optan a algún dos tres galardóns, dotados con 5.000 euros.
+info:
Premios Mulleres no Foco



