O corpo na arte contemporánea dende unha perspectiva interdisciplinar
Cursos de extensión universitaria. Campus de Vigo. 2026
PRAZO INSCRICIÓN:
18 de maio – 15 de setembro
OBXECTIVOS E TEMÁTICA DO CURSO:
– Comprender a evolución histórica do corpo como elemento central nas prácticas artísticas contemporáneas.
– Analizar a emerxencia da performance e da arte de acción.
– Explorar a noción de presenza e a súa relación coa creación artística.
– Desenvolver ferramentas básicas de expresión corporal e conciencia do movemento.
– Introducir técnicas de traballo vocal e exploración da voz como material artístico.
– Investigar a relación entre corpo, espazo, tempo e público.
– Fomentar procesos de creación artística baseados na experimentación interdisciplinar.
– Desenvolver unha proposta performativa fundamentada conceptual e formalmente.
DOCENTES:
Iria Vázquez López, Olga Cameselle, Susana Garrido, Macarena Montesinos, Marco Maril, María Roja.
HORARIOS:
Día 23 de setembro de 17:30 a 20:30, días 24, 25 e 30 de setembro de 17:00 a 20:30, día 1, 2, 7 de outubro de 17:00 a 20:30, días 8 e 9 de outubro de 17:30 a 20:30.
LUGAR:
Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)
+ Info e Matrícula:


