Cóctel de parqueadero
Acción
Creación e performer: María Roja
Son: Berio Molina
40’ aprox.
2014
Cóctel de parqueadero é unha peza realizada ex profeso para o ciclo “25 años AECID”, celebrado no CFCE de Cartagena de Indias (Colombia).
O título alude ao cóctel de horizontes que, segundo o poeta Manuel Antonio, compón un vaso cheo de toda a auga do mar. A problemática da emigración entendida desde o corpo, ligada aos conceptos de memoria e temporalidade, constitue, en última instancia, o eixe central da peza.