Can Cancela Calafrío #CompostelaEnNegro

Acción
15’ aprox.
2021

Un can é un mamífero carnívoro doméstico da familia dos cánidos, do que existen múltiples razas de características diversas e que, pola súa intelixencia e lealdade, é empregado na caza, para gardar rabaños, casas e outras propiedades, así como para moitas outras funcións.
Unha cancela é unha porta formada por táboas ou paus separados entre si e unidos aos traveseiros, que pecha o paso a unha propiedade.
Un calafrío é o que ás veces sentes á beira dunha cancela cun can, mentres chuchas coma carabuñas as hostias que levas coloreadas baixo o pulso.

Can Cancela Calafrío #CompostelaEnNegro é unha revisión da acción co mesmo título, adaptada ao espazo dos escaparates das tendas Who Killed Bambi? e Squina Moda de Santiago de Compostela, para o programa “6 artistas. 12 escaparates” organizado por Compostela en Negro con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

Documentación fotográfica: Rubén Vilanova + Florencia Cristobo + público anónimo
Documentación videográfica: Compostela En Negro