Chinooo

Acción
Creación e performer: María Roja
Son: Berio Molina
40’ aprox.
2014

“Chinooo”, o berro empregado para chamar polos porcos en certas zonas rurais da provincia de Lugo, dá título a unha peza realizada ex profeso para a exposición “O porco é un tesouro” celebrada no Museo da Fonsagrada. As accións físicas e vocais da peza pretenden ser unha transcripción plástica das actividades tradicionalmente reservadas para as mulleres durante a matanza, tinxidas dun pouso poético tirado da memoria sobre as mesmas que as súas protagonistas achegaron no proceso de investigación previo.

Fotografías: Museo da Fonsagrada