Clareo
Acción
160 minutos aprox.
2022
¿Por qué puedo aparcar mi coche en la calle, pero no mi sofá o mi nevera?
Izaskun Chinchilla
A cartografía de Casablanca, zona da cidade da Coruña antigamente ateigada de prados onde realizaban o seu labor as lavandeiras, mudou ata converterse nunha desorde de estradas, edificios, naves e valos publicitarios.
Un corpo coa memoria dos hábitos rurais na súa musculatura, ocupa alí un reduto vexetal para pór a súa roupa ao clareo.
A acción confronta os réximes de lexitimidade que regulan os usos do espazo público, evidenciando unha xerarquía que privilexia a mobilidade e o consumo fronte á domesticidade, os coidados e as prácticas relacionais alleas ao utilitario. A presenza do corpo, facendo visible un relato xestual e territorial do que é depositario, constitúe un acto de resistencia á lóxica produtiva que configura a paisaxe urbana contemporánea.
Fotografías, gravación e montaxe de vídeo: Sabela Eiriz








