Desafios de alta tensão

Acción poética
María Roja & Silvia Penas
20 min. aprox.
2021

Estar em casa
estar a estar
dias e dias.

Adília Lopes

Desafios de alta tensão é unha acción poética arredor da obra da poeta portuguesa Adília Lopes. A partir do seu “Estar em casa” artéllase a peza, repleta de manteis e retratos, sons domésticos e tensións de morte e de escrita. Unha danza coa poesía e a vida que pretende colocar os versos subversivos e suxerentes da recoñecida autora lusa, non só nunha sucesión de sons que a linguaxe codifica e decodifica, senón tamén nunha sucesión de imaxes, un conxunto de acontecementos que desde a casa axitan os alicerces do mundo.

Desafios de alta tensão é unha acción creada ex profeso para a mesa redonda “Estar em casa com Adília Lopes: Do privado ao político”, celebrada na Cinemateca Portuguesa – Museu do Cine (Lisboa), no marco do “II Congreso O poético e o político”, organizado pola Cátedra Saramago da Universidade de Vigo.

Documentación fotográfica: Burghard Baltrusch + Livraria Linha de Sombra + Jesús Andrés Tejada