Meminiss-e

Acción debuxística
Marzo – Maio 2020
Colaboracións: Adrián Porima (confinado en Combarro, Pontevedra), Alba Blanco (Pontevedra), asformigas (Tagamanent, Barcelona), Atenea García (Santiago de Compostela), Begoña Cuquejo (Ginebra), Carla Rodríguez (Pontevedra), Carolina Rodil (A Coruña), Christian García Bello (A Coruña), Héctor Guerra (Santiago de Compostela), Jesús Andrés Tejada (Vigo), Laura Torrado (París), Luis Esmorís (A Coruña), Maria Chiginskaya (Vigo), Miguel Vidal (Pontevedra), Nicolás Zamorano (Santiago de Compostela), Paolo Constantino (París), Santiago Paredes (Pontevedra), Santi Romay (A Coruña), Silvia Penas (Vigo), Tamara Andrés (Combarro, Pontevedra), Xiuyan L. (Shanghai), Xose Piñeiro (Shanghai).

Il n’y a pas de politique qui ne soit pas une politique des corps.
Michael Foucault

En esta nueva realidad, los que habíamos perdido el amor o no lo habíamos encontrado a tiempo, es decir, antes de la gran mutación del Covid-19, estamos condenados a pasar el resto de nuestra vida totalmente solos. Sobreviviríamos, pero sin tacto, sin piel.
Paul B. Preciado

Tal e como apunta Paul B. Preciado seguindo a terminoloxía foulcatiana, unha epidemia radicaliza e despraza as técnicas biopolíticas que se aplican ao territorio nacional ata o nivel da anatomía política, inscribíndoas no corpo individual. A irrupción da Covid-19 está lexitimando e estendendo as prácticas tecnolóxicas do poder, normalizándoas en aras da saúde pública e da recuperación económica. Dispositivos informáticos portátiles de uso cotián, como teléfonos móbiles ou tarxetas bancarias, vólvense así ferramentas susceptibles de converterse en instrumentos de vixilancia e control dos movementos e do estado dos corpos; á vez, os interiores domésticos actúan a modo de celas de confinamento ultraconectadas nas que, porén, a separación física é obrigada. A nosa é agora unha sociedade dixital encamiñada a ser poboada por ciberusuarixs obrigadxs a manterse a distancia, compartindo a privación de contacto pel con pel.
Meminiss-e é un convite ofrecido a un fato de persoas moi vinculadas a min, por lazos familiares, amistosos, sexoafectivos ou profesionais, durante o período de estado de alarma no estado español a causa da pandemia do coronavirus. A proposta consiste na realización dun retrato da miña persoa tirando só da memoria, empregando para tal fin unha aplicación móbil que emula un software para a construción de retratos robot policiais.
O exercicio de extracción da información que permanece viva na memoria, nunha inusual situación de distanciamento forzado sen preaviso, revélase complicado. As imaxes resultantes, nas súas coincidencias e diferencias, co variable protagonismo de trazos ou expresións, acaban amosando a subxectividade da evocación e a fraxilidade do recordo.
Meminiss-e remata por ser unha peza colaborativa en formato de acción debuxística na que os dispositivos de telecontrol que están na palma da nosa man, se espremen subversivamente ao servizo do acto íntimo de lembrar a un ser querido ausente.