Trigémeo. Tríptico para um tríptico

Acción multidisciplinar site-specific
Creación: Límites
Performers: Chucho González, Samuel Merino, María Roja, Míriam Rodríguez, Míriam Rodríguez Pérez, Silvia Penas, Velpister, Keens Vereeniging
40 minutos aprox.
2021

Trigémeo (Tríptico para um tríptico) é unha intervención performativa de varies artistas de Límites que dialoga coa obra A vida de António Carneiro.
A través da analoxía como mecanismo principal a operar en todas as linguaxes artísticas, o colectivo pretende trasladar ás artes da acción, visuais, poéticas e musicais a súa reflexión e interpretación desta obra plástica. Tres conceptos, tres momentos, tres ofrendas que o ser humano entrega ao tempo, vixía implacable que nos atravesa de parte a parte, que nos fai libres e escraves, na mesma loita contra e a favor.

Trigémeo. Tríptico para um tríptico estreouse na Fundação Cupertino de Miranda (Vila Nova de Famalicão, Portugal) dentro da programación do BINNAR Festival.

Imaxe: Olsen Manuel Lima
Documentación de rexistro: BINNAR