HUGO viaxa a Cuba

Congreso Mundial da ASSITEJ International

O teatro galego viaxa á Habana co espectáculo ‘Hugo’, de Os Náugrafos Teatro, única compañía española (e unha das poucas europeas) que actuará no Congreso Mundial da ASSITEJ International.
No marco do programa de proxección exterior da nosa cultura, a AGADIC patrocina esta representación das artes escénicas de Galicia no que é o maior evento internacional de artes escénicas para a infancia e a xuventude.

+info:
Os Náufragos Teatro viaxa á Habana co apoio da Xunta para representar “Hugo” no congreso da Asociación Internacional de Teatro para a Infancia e a Mocidade