Tensión – Presente

María Roja participa na mostra videográfica comisariada por A Colectiva no Culturgal

Na edición do 2023, A Colectiva volve ao Culturgal cunha Mostra Videográfica na que se propuxo o tema «Tensión – Presente» .
Tensión-presente; como aquilo que mantén en vilo ao espectador ante unha obra, tensión entre o significado e a potencialidade, tensión relativa á situación presente dende un punto de vista social, político; o presente sendo tensión entre o pasado e o futuro….
Partindo deste concepto búscase amosar a importancia do audiovisual na práctica artística contemporánea, creando unha mostra de vídeo-arte entendido no seu máis amplio concepto, para a que se realizou unha convocatoria aberta entre as/os socias/os da asociación.
Do 1 ao 3 decembro no Espazo adicado á arte contemporánea do Culturgal, Pazo da Cultura (Pontevedra).

+info:
Culturgal 2023