«Ante o avesío» arrinca a súa viaxe polos festivais
«Ante o avesío», curtametraxe dirixida por Xaime Miranda e producida por Artyc, que conta no elenco con María Roja, vén de ser confirmada como parte da Selección Oficial na cuarta edición do Festival internacional de cine Rhyller Triller, no Reino Unido. O traballo viaxa ata Gales para formar parte deste encontro adicado ao cinema de terror e fantástico, que se celebrará do 31 de xullo ao 2 de agosto no Rhyl Little Theatre.
Así mesmo, formará parte da Sección Oficial de Cortometrajes do XVI Festival de Cinema Fantàstic i de Terror de Girona ACOCOLLONA’T, que terá lugar entre os días 10 e 19 de setembro.
+info:

