“Ante o avesío” arrinca a súa viaxe polos festivais

“Ante o avesío”, curtametraxe dirixida por Xaime Miranda e producida por Artyc, que conta no elenco con María Roja, vén de ser confirmada como parte da Selección Oficial na cuarta edición do Festival internacional de cine Rhyller Triller, no Reino Unido. O traballo viaxa ata Gales para formar parte deste encontro adicado ao cinema de terror e fantástico, que se celebrará do 31 de xullo ao 2 de agosto no Rhyl Little Theatre.
Así mesmo, a partir do mes de setembro, participará nas seguintes citas: XVI Festival de Cinema Fantàstic i de Terror de Girona ACOCOLLONA’T, Fangofest Festival Internacional de cine fantástico, terror, animación y gore de Amposta, Corrosivo Film Fest en San José (Costa Rica) e CURTAS Festival do Imaxinario en Vilagarcía de Arousa.

+info:

Rhyller Thriller
ACOCOLLONA´T
Corrosivo Fim Fest
Fangofest
CURTAS Festival do Imaxinario