Leçons du samedi
Acción
Creación: María Roja & Vanesa Varela
Apoio técnico: Santi Romay
40 minutos aprox.
2022
Escoitei os sons da marcha achegarse á miña ventá. Pegada á miña cama, erguín o meu puño de muller enferma en solidaridade (…) Pensei en todos os outros corpos invisibles, cos seus puños alzados, aniñados e fóra da vista.
«Teoría da muller enferma», Johanna Hedva
Leçons du samedi é a segunda lección das iniciadas coa performance Leçons du vendredi e unha das posibles conclusións, colaborativa e contaminada, do proxecto h u e l g a s a l v a j e.
Coa «Teoría da muller enferma» baixo da almofada, encarnamos a vulnerabilidade dos corpos enfermos e as formas posibles de resistencia das persoas non homes cis, ou non heterosexuais, ou non brancas, ou non de clase media-alta, ou non neurotípicas, ou non sas, ou non, ou non, ou non…
Leçons du samedi presentouse no museo MIHL de Lugo, dentro da programación do II Ciclo de Performance MEXER, comisariado pola galería Solaina.
Rexistro fotográfico: Sergio Marey (Galería Solaina) + Museo MIHL