Can Cancela Calafrío #BrevEscénica

Acción
15’ aprox.
2023

Un can é un mamífero carnívoro doméstico da familia dos cánidos, do que existen múltiples razas de características diversas e que, pola súa intelixencia e lealdade, é empregado na caza, para gardar rabaños, casas e outras propiedades, así como para moitas outras funcións.
Unha cancela é unha porta formada por táboas ou paus separados entre si e unidos aos traveseiros, que pecha o paso a unha propiedade.
Un calafrío é o que ás veces sentes á beira dunha cancela cun can, mentres chuchas coma carabuñas as hostias que levas coloreadas baixo o pulso.

Can Cancela Calafrío #BrevEscénica é unha revisión da acción co mesmo título, realizada ex profeso para BrevEscénica: IX Mostra de Artes Escénicas Profesional de Formatos Breves (Baiona, Pontevedra).

Documentación fotográfica: BrevEscénica