Can Cancela Calafrío #2

Acción
Vestuario: KLING
30’ aprox.
2020

Un can é un mamífero carnívoro doméstico da familia dos cánidos, do que existen múltiples razas de características diversas e que, pola súa intelixencia e lealdade, é empregado na caza, para gardar rabaños, casas e outras propiedades, así como para moitas outras funcións.
Unha cancela é unha porta formada por táboas ou paus separados entre si e unidos aos traveseiros, que pecha o paso a unha propiedade.
Un calafrío é o que ás veces sentes á beira dunha cancela cun can, mentres chuchas coma carabuñas as hostias que levas coloreadas baixo o pulso.

Can Cancela Calafrío #2 é unha revisión, adaptada ao espazo interior para o Culturgal, da acción co mesmo título creada para o Programa “Mulleres en acción: Violencia zero” na súa edición do ano 2017.

Documentación fotográfica: Deputación de Pontevedra